O día 26 de setembro celebrouse o III Encontro de Sendeirismo Río Ouro e parias de Foz.
As 10 da maña, xuntámonos todos na praia da Pampillosa para comezar o recorrido.
Xunto a nós tamén ían facendo o recorrido outras asociacións de sendeirismo. Chegamos a ser arredor de 600 persoas.
Logo de esperar un pouco por unha asociación que se retrasaba comezamos o percorrido.
Saímos da área recreativa e pasamos pola ponte de ferro e fomos camiñando até a fervenza do Río Ouro, log cruzamos o río e voltamos para a área recreativa onde nos deron un plátano, unha laranxa e unha botella de auga e aproveitamos para descansar un cacho.
Logo seguimos o camiño pola beira do mar, acompañados por unha guía, e pasamos polas praias da Pampillosa, Peizás, Llas e Rapadoira e rematamos o noso recorrido no paseo de Túpide.
Unha vez que chegamos alí fomos buscar a comida (bonito a prancha, un volo preñado, pan un iogur e auga ou viño) que por certo estaba moi boa.
cando rematamos cada un pillou o seu coche ou autobús e fómonos para as nosas casas.
Rocio Sixto
miércoles, 30 de septiembre de 2009
Descrición da ruta
Ruta moi fácil de facer aínda que teña 16 km .
Comeza na ponte de ferro de Fazouro seguindo todo polo marxen dereito do rio ata a ponte de pedra , dende aquí cruzámola polo marxen esquerdo, pasando a fabrica da luz e chegando ata a cascada onde cruzámolo río para voltar polo outro lado ata a ponte de madeira que o volvemos a cruzar, seguimos a veira do río ata a praia e dende aquí todo a o son da veira do mar ata Foz

Suscribirse a:
Entradas (Atom)